As empresas que desenvolven enCAIXA reúnense para avanzar no proxecto

Reunión del proyecto enCAIXA

As empresas que desenvolven o proxecto de investigación industrial enCaixa, do que Betanzos HB forma parte, realizaron un encontro de traballo para seguir avanzando no seu desenvolvemento. Nesta reunión participaron, ademais, o delegado provincial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, e a Concelleira de Emprego de Ames, Isabel González, que se interesaron polos detalles do proxecto.

O proxecto enCaixa, que se desenvolve entre 2018 e 2020, céntrase en investigar novas solucións técnicas no ámbito do packaging empregando madeira galega. Ademais de Betanzos HB, colaboran no proxecto Talendis Interesa, JJ Chicolino, Puertas Betanzos e Muarce Carpinteros. Tamén participan as tres universidades galegas: a Universidade de Santiago (USC), a Universidade da Coruña (UDC) e a Universidade de Vigo (UVigo).

enCaixa foi seleccionado na convocatoria Conecta PEME 2018, promovida por GAIN, para fomentar a colaboración entre pemes e os demais axentes do sistema rexional de innovación orientados ao I+D+i. O proxecto, que conta cun investimento de máis dun millón de euros, céntrase en solucións de embalaxe, un sector que se encontra en expansión grazas ao desenvolvemento do comercio electrónico, a globalización e a crecente importancia da presentación no valor dos produtos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

18 − 15 =