Asociacións sectoriais

Betanzos HB é unha empresa comprometida coa sociedade e co sector forestal, polo que é membro de diferentes asociacións nacionais e internacionais relacionadas coa biotecnoloxía e a industria da madeira.

Anfta

A Asociación Nacional de Fabricantes de Taboleiros (Anfta) é unha entidade sen ánimo de lucro, de ámbito nacional, que xurde pola necesidade das empresas do sector de promover o desenvolvemento e progreso das industrias adicadas á produción de taboleiros derivados da madeira.

Natural Fiber Board

É unha marca comercial rexistrada de taboleiros de fibra de madeira producidos sen ningún tipo de axentes de unión artificial. NFB está licenciada por EPF, a Federación Europea do Panel, que representa a todos os fabricantes de hardboard e softboard que empregan o sistema de procesamento por vía húmida.

Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia

Aglutina a empresas e axentes vinculados a toda a cadea de valor da madeira, comprendendo a empresas relacionadas coa explotación forestal, serradoiros, empresas de chapa e taboleiro, empresas de carpintaría e mobiliario e servizos.

Confemadera Galicia

A Confederación Galega de Empresarios da Madeira é unha organización empresarial membro de Confemadera Hábitat e da Confederación Española de Empresas de la Madera.

AIDIMME Instituto Tecnolóxico

O Instituto Tecnolóxico Metalmecánico, Moble, Madeira, Embalaxe e Afíns conta con 141 traballadores e agrupa a máis de 800 empresas asociadas.

ASEBIO

A Asociación Española de Bioempresas (ASEBIO) representa o tecido empresarial e institucional relacionado coa biotecnoloxía en España.