Betanzos HB participa no TAF Meeting 2017 en Lituania

O encontro anual internacional de empresas de softboard e hardboard, TAF Meeting, celebrouse en Lituania durante os días, 6,7 e 8 de setembro de 2017.

Xunto a profesionais das principais empresas do sector e de provedores da nosa planta, o equipo directivo de Betanzos HB participou en xornadas de traballo enfocadas á mellora, optimización de procesos e desenvolvemento de novos produtos.

Fai un ano a nosa planta organizou este evento nas nosas instalación, pero nesta ocasión, o equipo de Betanzos HB viaxou a Lituania para coñecer as iniciativas de empresas de Finlandia, Polonia, Noruega, Suíza, Austria, Alemaña, Francia e Bulgaria, entre outros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

18 − 6 =