O proceso produtivo

O proceso de fabricación do taboleiro de fibras duro caracterízase por non empregar adhesivos artificiais para enlazar as fibras de madeira, utilizando auga como vehículo transportador das fibras. O produto final presenta unha cor marrón escura orixinada durante a polimerización das ligninas e os azucres a altas temperaturas así como unhas marcas características nunha das súas caras por ter descansado sobre unha malla metálica durante parte do proceso.

Clasificación
A madeira é recollida nas instalacións de Betanzos HB e clasificada e almacenada no parque de madeira.
Astilladora
A produción comeza co corte en anacos da madeira en rolo para convertela en achas.
Prequecemento
Estas achas cócense con vapor de auga a alta temperatura para desfacer as fibras de madeira e obter a lignina, o adhesivo natural da madeira do eucalipto.
Desfibrado
Rotura mecánica das achas para obter fibras.
Dilución en auga
As fibras son diluídas en varias etapas.
Máquina formadora
As fibras suspendidas introdúcense na máquina formadora por vía húmida, de onde se obtén unha manta húmida.
Corte
Esta manta córtase á medida da prensa, colócase sobre unha tea de drenaxe, e introdúcese na prensa.
Prensa
A prensa escorre parcialmente a auga e evapóraa parcialmente, debido ás altas condicións de presión e temperatura do proceso. A unión entre as fibras para formar os taboleiros é posible grazas ás propiedades termoplásticas da lignina procedente da madeira.
Tratamento térmico
Os taboleiros son sometidos a un tratamento térmico co fin de conseguir as elevadas propiedades de resistencia físico-mecánicas do taboleiro.
Humidificación e corte
Posteriormente, os taboleiros son estabilizados en humidade (6% de humidade) e clasificados e cortados a medida para acabar o proceso de produción.
Transformados
A demanda dos clientes, os taboleiros píntanse, córtanse, perfóranse e líxanse para o seu uso en diversas aplicacións.
Almacén
Tras a produción, son almacenados e preparados para a súa expedición a todo o mundo.

A planta en cifras

A planta de Betanzos HB foi construída en 1975 polo Grupo Tafisa baixo o nome de Tradema para a produción de taboleiros de fibras de alta densidade por vía húmida. En 1993 foi adquirida polo Grupo Sonae Industria, que en 1997 pasa a denominar a planta como Tafiber.

BETANZOS HB inicia a súa actividade de produción de taboleiro de fibras en maio de 2015 tras adquirir os activos industriais propiedade de Sonae na localidade de Infesta.

Área total 245.000 m²
Área cuberta 19.911 m²
Capacidade HB 75.000 m³/ano
Capacidade liña de pintura 35.000.000 m²/ano

Parque de madeira.

Desfibrador.

Máquina formadora.

Manta húmida.

Prensa.

Clasificación.

Cámaras de temple.

Almacén.