O equipo de I+D+i presenta novidades en Agrobiotech

Betanzos HB participa no II Encontro Agrobiotech Innovación que se celebra hoxe e mañá en Ourense. Esta cita dos sectores biotecnolóxico, agroalimentario e da biomasa ten como obxectivo poñer en contacto aos referentes de cada un destes sectores e establecer novas relacións para futuras sinerxías.

O evento promovido pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia) quixo reunir a todas as empresas demandantes ou ofertantes de produtos, servizos e tecnoloxías, á administración autonómica, aos clúster e centros de investigación para que coñezan as últimas novidades nestes sectores. Ao longo destes dous días haberá relatorios e obradoiros prácticos da man de expertos do sector e expositores, onde as empresas expoñen e explican os seus produtos a través dos seus stands.

Betanzos HB presenta nesta cita avances realizados nos seus proxectos Innobiorre e Demadera, e busca sinerxías para o desenvolvemento de outras aplicacións do concentrado de extractos de madeira de eucalipto. A nosa empresa xa participou no I Programa Agrobiotech, que tivo lugar en 2015. Esta iniciativa comprendeu sesións de titorización e formación para o equipo de I+D, así como visibilización e networking.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

seventeen + four =