FSC España edita dúas guías para o uso da madeira en construción

FSC España edita dos guías para el uso de madera en construcción

FSC España acaba de editar dúas publicacións para promover o uso da madeira como material de construción dentro do programa ‘Have a wood day’, no que Betanzos HB participa de forma activa.

O traballo é froito dun ano de investigación de campo que inclúe reunións con empresas e asociacións líderes no sector da madeira, unha enquisa nacional dirixida a arquitectos e outros profesionais de edificación, dous grupos de opinión, un de arquitectos e outro con consumidores. Ao final do proceso decidiuse realizar dúas publicacións, unha para prescriptores técnicos de obras e outra para a cidadanía.

O manual ‘En madeira outra forma de construir. El material constructivo sostenible del siglo XXI’ é unha obra técnica con aportacións de especialistas e estrutúrase en tres áreas temáticas: sostibilidade, a problemática das madeiras tropicais e os coñecementos necesarios para o profesional que usa a madeira na arquitectura.

A guía ‘En madera, otra forma de vivir’ fai foco no prezo en primeiro lugar, comparándoo co doutros materiais, en segundo lugar fálase das vantaxes de construír con madeira, sostibilidade e certificación, incluíndo os riscos da deforestación e os falsos mitos asociados á madeira.

Betanzos HB subministra taboleiro duro de fibras de madeira (HB) certificado FSC, tanto en acabado natural como pintado, para unha gran cantidade de aplicacións construtivas, decorativas e de revestimentos.

Descarga os documentos:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

nine + 2 =