Investigación, desenvolvemento e innovación

Proxectos de I+D+i

Betanzos HB ten un longo historial de mellora de procesos e innovación que o levaron ata o que é hoxe, un referente mundial pola calidade do hardboard e a súa produtividade.

Demadera

Desenvolvemento de viños e bebidas refrescantes a partir de produtos da viticultura e extractos da industria da madeira.

Ler máis

Innobiorre

Valorización de residuos agroindustriais para a obtención doutros bioprodutos de alto valor engadido.

Ler máis

Agrobiotech

Programa de excelencia para Pemes innovadoras nos sectores biotecnolóxico, agroalimentario ou de biomasa.

Ler máis

enCAIXA

Desenvolvemento de embalaxes industriais con madeiras galegas, en especial, novas solucións, personalización e automatización do armado.

Ler más

Industria 4.0

En liña coas tendencias actuais, Betanzos HB está a evolucionar cara a unha fábrica intelixente, cun salto cualitativo en servizos e novos modelos de negocio.

Piloto 4.0 CDM

Iniciativa de automatización da liña de formación do taboleiro mediante o movemento de polpa da liña de produción.

Ler máis

Board 2 Door

Proxecto colaborativo de investigación industrial para o desenvolvemento de produtos paramétricos baseados en Tablex.

Ler máis

Aumento de eficiencia enerxética

Iniciativa de automatización e incremento da eficiencia enerxética mediante a implantación de variadores e scadas.

Ler máis

compuesto

Novos produtos bio

O noso concentrado de extractos de madeira é un coproduto obtido do proceso de produción de taboleiros duros de fibras por vía húmida. Os extractos obtidos, de madeira de eucalipto, son concentrados sen adición de químicos. Este concentrado contén compostos naturais de alto valor engadido como lignina, taninos, polifenois e azucre, que o converten nunha fonte natural de compostos naturais.

O concentrado preséntase en forma dun líquido viscoso, cor escura e cheiro agradable parecido ao caramelo. Ten un pH ácido, procedente dos extractos da madeira de eucalipto. A concentración de materia sólida é do 40%, sendo a maioría extractos solubles en auga, e contén tamén fibras de madeira moi curtas.

Este concentrado é un novo produto e único no mercado, xa que os extractos obtéñense da cocción de madeira de eucalipto, o que lle confire propiedades específicas.