Board 2 Door

En Betanzos HB cremos no valor do Tablex como material sostible, durable, resistente e de altas prestacións. Estamos a reconsiderar os nosos límites para facer crecer as posibilidades de aplicación do noso produto na era da industria 4.0.

Para iso, Betanzos HB aliouse con dúas empresas industriais de carpintaría, Puertas Betanzos e Aliusporta, e co Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia (CDM) nun proxecto colaborativo de investigación industrial para o desenvolvemento de produtos paramétricos baseados en Tablex.

Trátase de acadar unha produción flexible, é dicir, que o espesor de produto atoparase fóra de catálogo sendo un atributo a definir directamente en función das medidas optimizadas para cada uso final.

Preténdese a creación de taboleiro de espesores límite que pretende baixar o grosor do noso produto acabado ata os 1,8 mm, o que sería ‘Tablex ultra slim’, un espesor que non existe no mercado aínda.

Converter a liña actual nunha liña optimizada que produza 1,8 mm é un reto para Betanzos HB e abrangue todas as etapas do proceso. Precísase da optimización da formación, do ciclo de prensado, axustes de velocidade de transporte, novos sistemas de aproximación e posicionamento moito máis precisos e, en xeral, unha reformulación do proceso produtivo para o noso produto.

Neste proxecto creron, ademais dos nosos socios, o Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, quen o apoia economicamente a través da convocatoria para o apoio a Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI) co obxecto de mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas.

Axuda concedida: 76.486,00 euros

Board 2 Door