Demadera

Betanzos HB lidera o proxecto Demadera que, ata 2018, desenvolverá viños e bebidas refrescantes a partir de produtos da viticultura e extractos da industria da madeira. Este proxecto buscará novidosas aplicacións de valor engadido para o eucalipto e outras especies, partindo do concentrado de extractos de madeira que se xera durante o proceso de fabricación dos taboleiros de alta densidade.

Concretamente trátase do desenvolvemento de novos viños, viños reconstruídos, sucedáneos de viño e bebidas pola incorporación de diversas baterías de extractos derivados de madeiras, bullo, viño, uvas; así como o desenvolvemento de novos extractos naturais para uso alimentario, con actividade antioxidante e/ou conservante, a partir de coprodutos da actividade das empresas implicadas no proxecto. Estudiarase a factibilidade para incorporar os posteriores extractos resultantes noutras industrias do sector alimentario, gandeiro, fertilizantes e cosmético.

O departamento de I+D de Betanzos HB leva anos investigando posibles aplicacións deste coproduto, 100% natural e que contén compostos de alto valor engadido como lignina, taninos, polifenois e azucres derivados da madeira.

O departamento de I+D de Betanzos HB leva anos investigando posibles aplicacións deste coproduto, 100% natural e que contén compostos de alto valor engadido como lignina, taninos, polifenois e azucres derivados da madeira.

Ademais, no consorcio participan as empresas Mercantia e Bodegas Casa Monte Pío e colaboran a Universidade de Santiago de Compostela, Anfaco-Cecopesca, Aula de Productos Lácteos e Evega.

Demadera está cofinanciado polo programa Conecta Peme, subvencionado pola Axencia Galega de Innovación (Gain) e apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, para fomentar a cooperación entre as Pemes e os demais axentes do Sistema Galego de I+D+i, a través do apoio a proxectos de investigación e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Axuda concedida: 168.475,33 euros

betanzosHB_demadera_2

Avances do proxecto

Primeira anualidade

  • Estudo e adecuación do proceso produtivo ás necesidades do proxecto.
  • Establecemento dun sistema de recollida, caracterización e seguimento dos coprodutos.
  • Desenvolvemento de bases para as bebidas.

Segunda anualidade

  • Desenvolvemento de extractos con actividade antimicrobiana e conservante.
  • Desenvolvemento de viños e bebidas asimilables a viño mediante a redución parcial ou total de alcol.
  • Desenvolvemento dun abono a partir dos coprodutos.
  • Desenvolvemento dun ingrediente con carácter conservante para deterxentes e cosmética de orixe natural.
  • Estudo dos coprodutos para outras aplicacións.

Terceira anualidade

  • Desenvolvemento de viños con baixo contido alcólico e bebidas refrescantes con baixo contido en sulfitos e aroma de madeira.