Innobiorre

Betanzos HB participa no proxecto Innobiorre, que investigará ata 2018 a valorización de residuos agroindustriais para a obtención de bioprodutos de alto valor engadido en elementos construtivos como asfaltos, betúns ou cementos.

Este proxecto buscará novidosas aplicacións de valor engadido para o eucalipto, partindo do concentrado de extractos de madeira que se xera durante o proceso de fabricación dos taboleiros de alta densidade.

departamento de I+D de Betanzos HB leva anos investigando posibles aplicacións deste coproduto, 100% natural e que contén compostos de alto valor engadido como lignina, taninos, polifenois e azucres derivados da madeira.

Ademais, no consorcio participan as empresas Indutec, Renga Enerxia, Extraco, GalaiControl e Soutos Sativa e colaboran a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.

Innobiorre é cofinanciado polo programa Conecta Peme, subvencionado pola Axencia Galega de Innovación (Gain) e apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, para fomentar a cooperación entre as Pemes e os demais axentes do Sistema Galego de I+D+i, a través do apoio a proxectos de investigación e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Axuda concedida: 156.191,28 euros

betanzosHB_innobiorre_2

Avances do proxecto

Primeira anualidade

  • Adecuación do proceso produtivo ás necesidades do proxecto.
  • Caracterización dos coprodutos.

Segunda anualidade

  • Obtención de produtos ricos en lignina.
  • Aplicación de lignina na produción de mesturas asfálticas.
  • Obtención de medios de cultivo fermentables.

Terceira anualidade

  • Realización dun tramo proba de estrada mellorada.
  • Obtención dun biosurfactante a partir de azucres do coproduto.