enCAIXA

Betanzos HB participa do proxecto de Investigación Industrial enCAIXA que, ata 2020, investigará o desenvolvemento de embalaxes industriais con madeiras galegas, en especial, novas solucións, personalización e automatización do armado. Concretamente, trátase de atopar solucións para competir a nivel internacional no mercado do packaging empregando madeira, unha materia prima clave en Galicia.

O departamento de I+D de Betanzos HB marcou os seguintes obxectivos específicos:

  • “Reinventar” o proceso de fabricación do hardboard.
  • Ampliar a súa presenza no mercado do taboleiro para embalaxe desenvolvendo produto específico para este segmento: máis claro e de menor espesor.
  • Desenvolvemento de adhesivos a partir de coprodutos de madeira.
  • Dixitalización do proceso de fabricación do hardboard, investigación de solucións 4.0.

As accións principais serán:

  • Deseñar novos tipos de taboleiro.
  • Desenvolver adhesivo baseado en madeira para embalaxe.
  • Investigación en robótica colaborativa e visión artificial para a automatización do armado de caixas.

Ademais, no consorcio participan as empresas Talentis Interesa, Puertas Betanzos, JJ Chicolino e Mucarce Carpinteros.

enCAIXA é cofinanciado polo programa Conecta Peme, subvencionado pola Axencia Galega de Innovación (Gain) e apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, para fomentar a cooperación entre as Pemes e os demais axentes do Sistema Galego de I+D+i, a través do apoio a proxectos de investigación e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Orzamento total: 1.073.809,40 euros

Proyecto Encaixa

Avances do proxecto

Primeira anualidade

  • Estudo para o desenvolvemento de produtos específicos para embalaxe.
  • Substitución de madeira sólida por chapa de madeira en embalaxe.
  • Mecanización mediante procesos lineais.
  • Branqueo de chapas autóctonas.