Presentación de novos bioprodutos obtidos a partir da madeira local

O departamento de I+D de Betanzos HB realizou a presentación dos novos produtos obtidos como resultado de dous proxectos de investigación de tres anos de duración que finalizaron con éxito o ano pasado. Trátase dos proxectos INNOBIORRE e DEMADERA. En ambos, Betanzos HB, centrouse en investigar a valorización de coproductos resultantes do uso das madeiras locais na fabricación do noso TABLEX e utilizalos en novos sectores para obter bioproductos.

Novos bioprodutos e aplicacións da madeira

Grazas ao traballo realizado nestes proxectos, logrouse a validación con éxito destes novos bioproductos, únicos no mercado. Entre outras aplicacións novas, podemos resaltar a utilización dun bioproduto enriquecido en lignina en elementos construtivos como asfaltos, betunes ou cementos, onde a adición de lignina reduce o uso de materias primas fósiles e confire propiedades melloradas ao produto final. No marco do proxecto INNOBIORRE, xa se empregaron na fabricación dun tramo de estrada experimental, atopándose actualmente en estudo a resistencia ao envellecemento en comparación cos asfaltos tradicionais. Esta aplicación abre o camiño á fabricación de betunes e outros elementos de construción máis ecolóxicos. A presentación destes resultados realizouse o día 23 de Xaneiro na Casa do Saber, de Lugo, en colaboración coa Escola Politécnica Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela. Máis información deste proxecto: [Noticia Galicia Digital] [Noticia USC]
No marco do proxecto DEMADERA, a investigación realizada por Betanzos HB centrouse no desenvolvemento de novos extractos naturais con actividade conservante e antioxidante derivados da madeira. Os novos bioprodutos obtidos xa se validaron por industrias do sector alimentario, de fabricación de pensos, fertilizantes, deterxentes e cosmético. Froito deste traballo, o pasado 25 de xaneiro de 2019 presentáronse novas bebidas que xa utilizan estes produtos, onde se substituíu total ou parcialmente os sulfitos utilizados para a súa conservación polos novos extractos naturais, en viños, viños reconstituidos, sucedáneos de viño e bebidas refrescantes, conseguíndose bebidas máis saudables, de baixo grao alcohólico e aromas novos. Nesta presentación participou D. Ignacio Lema Piñeiro, Director da Axencia Galega da Industria Forestal. Más información: [Noticia TVG]

Proxectos baseados na economía verde circular

Grazas a este labor de investigación seguimos ampliando a nosa gama de produtos innovadores e 100% naturais, cos que buscamos obter maior valor engadido dos nosos recursos renovables, e con iso, incrementar a rendibilidade da industria forestal, e o fomento do medio rural da nosa contorna. Betanzos HB está plenamente comprometida coa economía verde circular, e a sustentabilidade é un alicerce básico na nosa actividade.

Innovación de PEMES e Universidades Galegas

Os proxectos DEMADERA e INNOBIORRE foron cofinanciados con fondos Feder Galicia 2014-2020 no marco do programa Conecta Peme 2016, seleccionados pola Axencia Galega de Innovación ( Gain) e apoiados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria @de la Xunta de Galicia.
En INNOBIORRE colaboraron con Betanzos HB as empresas Extraco, GalaiControl, Soutos Sativa, Indutec e Renga Enerxia, ademais da Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.
En canto a DEMADERA, participaron as empresas Mercantia, Adegas Casa Monte Pío, xunto ao Grupo LIDSA da Universidade de Santiago de Compostela, Anfaco- Cecopesca, Aula de Produtos Lácteos e Evega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

18 + two =