Solucións sustentables a través da bioeconomía, artigo do noso Plant Manager na revista Albura

José Manuel Vilasuso, Plant Manager de Betanzos HB, reflexiona en Albura, a Revista da Agrupación industrial da Madeira e o Deseño de Galicia, sobre a importancia da madeira e os seus derivados como materiais sustentables.

“os fabricantes que traballamos a madeira, debemos acompañar este proceso para lograr atraer as miradas cara os beneficios da utilización da madeira, co fin último de evitar o uso doutros materiais menos sustentables e para preservar a riqueza forestal e o desenvolvemento rural da nosa Terra Galega.”

Tamén na construción:

“a construción busca modelos máis sustentables e, en países como o noso, a pesar da súa tradición forestal, a madeira aínda ten un longo percorrido que facer.”

“madeira técnica fabricada unicamente a partir de subproductos forestais como costeiros, ramas e puntais, que non terían apenas valor en si mesmos e, no noso proceso, son transformados nun produto de gran resistencia, durabilidade e con múltiples aplicacións que, ademais, continúa sendo 100% madeira.”

No artigo José Manuel lanza interesantes cuestións:

“Cantos obxectos non poden ser substituídos por produtos baseados en madeira? A resposta a esta pregunta require un esforzo imaxinativo e, sen dúbida, tratar de resolvela é un reto que nos move a innovar ofrecendo novos produtos.”

Tratando de responder a estes retos, o noso Plant Manager reflexiona sobre a importancia de ofrecer solucións sustentables a través da bioeconomía e cita algúns dos produtos naturais cos que Betanzos HB está a innovar neste sentido:

  • A nova gama de taboleiros hidrófugos de Tablex, como o H1 Hydro Tempered, o novo hardboard de alta resistencia á humidade, que ademais é natural e respectuoso co medio ambiente na súa fabricación xa que está feito de fibras de madeira natural que proveñen de plantacións certificadas ( FSC e/ou PEFC).
  • O concentrado de extractos de madeira, en base auga, que dá resposta ás demandas do comprado dos cultivos ecolóxicos e que ten, ademais, aplicacións no sector da alimentación, actuando como substituto natural de conservantes e antioxidantes químicos.

Por todo iso, e por nosa continúa aposta polo I+D recibimos, o Selo Peme Innovadora, aposta en innovación que ten que ir necesariamente da man da sustentabilidade:

“estar a ofrecer solucións sustentables permitirá crecer ás nosas actividades e, o que é máis importante, será a nosa contribución á creación dun mundo máis sustentable.”

Ten dispoñible o artigo completo facendo clic AQUÍ (páxina 23). Esperamos que sexa do seu agrado. E se necesita algunha aclaración adicional, contacte co noso equipo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

4 × 4 =