O Tablex exhíbese na ” Materioteca de Galicia” como material innovador para a economía circular

Betanzos HB participa na recentemente inaugurada Materioteca de Galicia na que o noso Tablex inclúese na exposición de materiais innovadores sustentables.

Unha vez máis, vese recoñecida o labor innovador e o compromiso de Betanzos HB coa sustentabilidade. O noso taboleiro de fibras de madeira de alta densidade, é producido de maneira sustentable a partir de madeira certificada e subproductos da industria forestal, con enerxía renovable, obténdose un produto con excelentes propiedades de resistencia e durabilidade, que ademais de natural, é reciclable e biodegradable, polo que é un material con multitude de aplicacións. É unha honra estar representados neste espazo dedicado á difusión de materiais innovadores para a economía circular para inspirar aos profesionais de diferentes disciplinas, como enxeñeiros, arquitectos ou tecnólogos.

A nova Materioteca de Galicia atópase no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol, e conta con máis de 150 mostras de materiais, algúns desenvoltos en Galicia e outros procedentes da Material ConneXion de Bilbao, filial española da maior rede internacional especializada en materiais innovadores e procesos de transformación.

A posta en marcha da Materioteca de Galicia forma parte dunha iniciativa da Axencia Galega de Innovación ( GAIN) no marco do Programa de Deseño para a Innovación 2020, posto en marcha pola Xunta para o “fomento da incorporación e sistematización do deseño nas empresas como motor de innovación e competitividade”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

twenty − 16 =