Unha industria máis sostible

tablex_sostenible_1

Materia prima máis sostible

Betanzos HB fabrica Tablex (taboleiro de fibras de madeira de alta densidade) a partir de eucalipto procedente de bosques sostibles (como acreditan os seus certificados FSC e PEFC) e de proximidade, na súa maioría de Galicia.

00_betanzos_hb_toro

Un proceso limpo

O proceso produtivo usa como materia prima unicamente madeira, así como enerxía térmica procedente de biomasa. A fábrica conta cun sistema de xestión ambiental certificado de acordo á norma ISO 14001.

00_betanzos_hb_biomass

Enerxía renovable

Betanzos HB emprega biomasa forestal como combustible para conseguir a enerxía que necesita a planta. A biomasa resulta unha opción de enerxía limpa, segura e eficiente, e que contribúe ao mantemento da contorna.

00_betanzos_hb_co2

Prevención do cambio climático

Tablex é un biomaterial que actúa como almacén de CO2 dende a súa etapa previa como árbore ata o final do seu ciclo de vida. O CO2 atrapado durante o crecemento da árbore segue almacenado durante todo o tempo de utilización do produto.

eucalyptus woods textures and backgrounds

Ausencia de adhesivos químicos

O Tablex , a diferenza doutros taboleiros, non contén adhesivos artificiais. En Betanzos HB utilizamos a ligninia, un material orgánico presente na madeira con propiedades termoplásticas, como adhesivo natural do produto.

00_betanzos_hb_incendios

Prevención de incendios

Como empresa de transformación forestal, Betanzos HB é unha gran compradora de madeira e de biomasa dos montes de proximidade, fomentando a silvicultura máis sostible e ordenada que mitiga o impacto dos incendios forestais e de fenómenos meteorolóxicos extremos.

hero-content-background

Libre de formaldehido

Ao contrario que outros taboleiros de madeira (contrachapada, madeira terciada, triplay ou plywood, aglomerado, media densidade, MDF ou DM, OSB...), Tablex non emite formaldehido, agás o procedente da madeira natural, polo que está exento das normas CARB2 e TSCA Title VI, e non é necesario certificalo.

00_betanzos_hb_resistencia

Resistente e ecolóxico

A larga durabilidade do produto, debido á súa alta densidade, convérteo nun material resistente, fiable e ecolóxico, que supón un baixo consumo enerxético e unhas baixas emisións de CO2 tamén durante o proceso de fabricación.

producto_3

Reciclable e biodegradable

A composición do Tablex a base de madeira faino un material biodegradable e permite o seu reaproveitamento como fonte de calor natural, combustible renovable ao final do seu ciclo de vida para producir enerxía.