Acto de difusión do proxecto Innobiorre no campus de Ourense da UVigo

O consorcio de investigación do proxecto Innobiorre reuniuse hoxe na Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo en Ourense para celebrar o seu acto de difusión para científicos e empresas interesadas.

A xornada serviu para facer un repaso dos avances acadados no primeiro dos tres anos de execución do proxecto que ten como obxectivo a valorización de residuos e coprodutos da industria forestal para a obtención de bioprodutos que serán postos en valor nas propias industrias xeradoras dos residuos, e noutros sectores, como o enerxético e o da construción. Tamén permitiu intercambiar experiencias e debater sobre a realidade das empresas participantes e os sectores nos que operan.

Xunto a Betanzos HB, forman parte do proxecto Extraco, GalaiControl, Renga EnerxiaSoutos Sativa e Indutec Enxeñeiros. Nel participan, como organismos de investigación, o Grupo de Investigación de Biotecnoloxía Agroalimentaria da UVigo e o Grupo de Investigación en Enxeñería Civil e Enerxías Mariñas (GICEMA), da Escola Politécnica Superior de Lugo (USC).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

five + twelve =