O pasado mércores 9 de xuño participamos xunto coa empresa Finsa no foro organizado por Life EcoTimberCell “La Madera en Galicia”, para dar todas as claves do noso taboleiro ecolóxico “Tablex”, taboleiro sen resinas, feito con madeira do noso entorno local.
Durante a sesión, ofrecida pola nosa xefa de Innovación e Desenvolvemento, Rosa Mª Arcas, explicamos o proceso de fabricación do noso hardboard, un produto que Betanzos HB produce exclusivamente en España, promovendo a economía circular e o desenvolvemento sostible.
Tablex, obtido a partir de cortes de madeira certificada mediante xestión forestal sostible, é un produto no que a propia lignina funciona como adhesivo natural para a unión de fibras de madeira, evitando o uso de aglutinantes artificiais, presentes na maioría dos taboleiros de madeira do mercado.
Tablex ofrece un notable beneficio na mitigación do cambio climático: é un sumidoiro de CO2 desde a etapa de crecemento da árbore ata o final da súa vida e, xa que é un produto de longa duración, mantén o CO2 capturado durante moito tempo. Se tamén o empregamos para substituír outros materiais, o resultado é moito menos CO2 na atmosfera durante moito tempo. Tablex é reciclable e 100% biodegradable, e é un material moi versátil, poidendo empregarse para a fabricación de mobles, decoración, pisos, construción, teitos e insonorización interior ”, así como para multitude de obxectos cotiáns.
Xa podes acceder ao resumo da presentación da nosa responsable de I + D, Rosa Mª Arcas, na que dá as claves do noso taboleiro de madeira Tablex, cen por cento ecolóxico e sostible, para a mitigación do cambio climático e para o desenvolvemento a bioeconomía e o desenvolvemento do medio rural en Galicia.