O pasado domingo 29 de marzo, o Goberno publicou unha nova orde reguladora dun permiso recuperable para as persoas empregadas que non realizan servizos esenciais, co fin de reducir a mobilidade da poboación para evitar a propagación do Covid. 19.
Dada a actividade exportadora da nosa empresa, Betanzos HB seguirá traballando para garantir o cumprimento dos seus contratos internacionais e a subministración para a fabricación de envases para sectores de actividades esenciais, como a cadea de produtos alimentarios.
Segundo as instrucións do Goberno, son esenciais os servizos de mantemento das actividades produtivas da industria manufactureira que ofrecen a subministración, equipos e materiais necesarios para o correcto desenvolvemento das actividades esenciais.
Na medida do posible, a nosa empresa manterá a súa actividade habitual, cumprindo as recomendacións sanitarias e o plan de continxencia establecido, seguindo a diario a evolución da crise no caso de que haxa novas orientacións e atendendo ás súas indicacións, porque a saúde dos traballadores e as súas familias son a nosa prioridade neste momento..
Seguimos contactando cos nosos clientes e colaboradores a través das canles habituais de Betanzos HB. Moito ánimo a todos!