Betanzos HB celebra a súa Convención 2017

A celebración da Convención 2017 de Betanzos HB reuniu onte na Casa Club do complexo industrial aos 120 profesionais que compoñen o seu cadro de persoal. A cita serviu para que a dirección da compañía fixese un repaso das cifras do exercicio 2016 e fixase obxectivos para os vindeiros exercicios.

Yvon Remy, en nome do consello de administración, reiterou a súa confianza no futuro de Betanzos HB. “Cremos nesta empresa e nos seus traballadores. Temos un sólido plan de inversións e, se todos traballamos duro, dando o mellor de cada un, estou seguro de que imos levar ao noso Tablex moi lonxe”, explicou.

Pola súa parte, Roberto Pérez, director xeral, quixo subliñar o enfoque ao cliente que debe seguir a empresa. “Non somos unha fábrica que produce taboleiro, somos unha empresa que vende Tablex, un produto de gran calidade, a clientes moi esixentes por todo o mundo”. Ademais, durante a súa exposición apelou ao esforzo de cada profesional, á vocación por unha mellora constante e á implantación dunha cultura de risco cero en materia de seguridade laboral como retos inmediatos.

O evento serviu para que os responsables dos departamentos de vendas, de I+D+i e de recursos humanos explicaran a todo o cadro de persoal os eixes da súa actividade e os seus obxectivos a medio prazo, con fincapé nos procesos de automatización que sitúan a Betanzos HB no camiño da industria 4.0.

No marco da Convención 2017 realizáronse tamén tres sesións de formación para os traballadores a cargo de consultores externos. A primeira, sobre cumprimento normativo e responsabilidade penal. A segunda, acerca de prevención de riscos e saúde laboral. Pola tarde celebrouse unha completa explicación do plan de actuación ante emerxencias, con simulacro de evacuación e formación práctica.


Convención 2017  Convención 2017  Convención 2017

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 × five =