Betanzos HB, empresa seleccionada para participar en Agrobiotech Innovación

Betanzos HB é unha empresa con vocación innovadora, e así o recoñeceu a Xunta de Galicia elixíndoa para a súa participación no Programa de aceleración Agrobiotech Innovación.

Trátase dunha iniciativa desenvolvida polo Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (Gain), e que aspira a incrementar o nivel de excelencia das Pemes innovadoras galegas que amosen un potencial crecemento e que estean aliñadas nas actividades priorizadas na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia RIS3.

A través do Programa Agrobiotech Innovación, que conta coa participación de expertos contratados ad hoc, preténdese impulsar o desenvolvemento de novos produtos innovadores para diversificar o noso negocio e crear produtos de maior valor engadido.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

twelve − 5 =