Betanzos HB colabora no proxecto educativo que está a levar a cabo El Rogle Waldorf-Lliure destinado á fabricación de mobiliario sostible para equipar as aulas do seu colexio. A iniciativa, posta en marcha en colaboración coa empresa Biofustería, consistiu na construción de mesas e estantes co taboleiro cen por cen de madeira que elaboramos na nosa empresa Betanzos HB, comercializado baixo a denominación #Tablex.
As escolas Waldorf caracterízanse por darlle gran importancia aos materiais utilizados para os xogos e os mobles e, por iso, empregan madeira e materiais naturais como parte da experiencia sensorial e segura para o desenvolvemento do neno.
Uso de materiais saudables
A forma en que construímos os nosos bens de consumo, mobles e decoración está a cambiar. Moito máis conscientes da responsabilidade das nosas eleccións, dende as grandes multinacionais ata os consumidores individuais, demandan o uso de materiais saudables que minimicen o seu impacto nos recursos do planeta.
O noso Tablex está elaborado con residuos da industria forestal, como ramas e cortizas, que se destinarían a un ciclo de vida moi curto ou serían utilizados como biomasa, devolvendo ao instante á atmosfera o CO2 captado ao longo dos anos.
Transformar estes refugallos nun material duradeiro e versátil é unha forma de poñer en valor o medio rural e de manter o CO2 onde nos gusta: convertido en madeira que proporciona un benestar duradeiro nos obxectos que nos rodean. Porque o noso Tablex non contén outros ingredientes: a lignina natural é o adhesivo das fibras reconstituídas en forma de follas. Por iso é un material reciclable e biodegradable.
Como mostra do mellor futuro, queremos deixar aos nosos fillos as fotos deste mobiliario escolar feito pola @biofustería.
Para saber como as súas propiedades encaixan no proxecto, visite https://www.tablex.eu/technical-characteristics/