Betanzos HB participa do programa de formación Future Facing

A Xunta de Galicia puxo en marcha Future Facing, un programa que permitirá compartir, desenvolver e transferir prácticas innovadoras en educación e formación para a industria da madeira. Trátase dunha iniciativa internacional para innovar e modernizar a formación e a capacitación, na que participa Betanzos HB, para que mozas e adultos obteñan as habilidades que demanda a industria do futuro.

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) a través dos Centros de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira) e do Deseño e a Tecnoloxía (CIS-Galicia), xunto coa Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, presentaron o proxecto o pasado 9 de febreiro. Unha asociación estratéxica para a innovación educativa que une esforzos entre organizacións de Reino Unido (Federación Británica de Acabados), a escola estoniana Rakvere ou a firma italiana Ilva, con empresas galegas da industria da madeira.

Future Facing enmárcase dentro dos retos da Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0 e da Estratexia de Especialización Intelixente RIS3, e contribuirá a facer de Galicia un referente no sector da madeira a nivel internacional.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

20 − 16 =