Betanzos HB participa nun evento internacional que mostra produtos innovadores a partir de biomasa forestal

muestra productos innovadores a partir de biomasa forestal

O pasado 12 de setembro Betanzos HB participou no Workshop “ Forestry biomass as the source for improved- sustainability bioproducts”, organizado pola Rede Galega de Líquidos Iónicos ( REGALIs) en Santiago de Compostela.

Un evento ao que acudiron investigadores nacionais e internacionais e representantes das principais empresas galegas da cadea de valor da madeira, no cal presentaron as súas innovacións a partir da biomasa forestal. Mostraron como poñer en valor a biomasa forestal e revitalizar o monte galego grazas a produtos novos. Por exemplo: conservantes naturais, bioplásticos, emendas agrícolas, escumas e adhesivos ‘verdes’ ou extractos aromáticos. No caso de Betanzos HB, estes bioproductos xa están dispoñibles.
A xornada espertou gran interese e tivo unha gran repercusión mediática, aparecendo tanto en televisión (minuto 9:25 Telexornal RTVE), como en prensa (La Voz de Galicia), así como na revista especializada Campo Galego, entre outros.

Rosa Mª Arcas, responsable de Investigación e Desenvolvemento, falou de como unha das misións de Betanzos HB é dar valor á riqueza forestal de Galicia, non só a través de fabricación de taboleiros ecolóxicos de elevada resistencia a partir de subproductos forestais, senón poñendo no mercado novos bioproductos con aplicación conservante e antioxidante, fertilizantes e adhesivos, entre outros. E destacou que

“a clave reside en saber achegar valor engadido ao sector forestal, conseguindo que os propietarios e toda a cadea de valor da madeira, teñan maiores beneficios. Deste xeito asegurariamos o mantemento dos bosques e o modo de vida rural.”

En Betanzos HB xa utilizamos un sistema de produción sustentable co modelo de economía circular para fabricar os nosos taboleiros de fibra de madeira de alta densidade. Nel a lignina fai as funcións de adhesivo natural, polo que son 100% madeira.

Ademáis, desenvolvemos unha gama de bioproductos a partir dos extractos da madeira. Nunha primeira liña desenvolvemos unha emenda orgánica para a agricultura baseada en lignina que é ideal para os cultivos mediterráneos, pois baixa o pH da terra, sen achega de químicos indesexables e achégalle materia orgánica ao chan e polifenoles, que protexen aos cultivos.

Outra das liñas son conservantes naturais e antioxidantes a partir de extractos da madeira que substitúen a produtos químicos e axudan a obter formulacións “eco”. Esta gama é válida para a industria alimentaria, onde no caso dos viños, os aromas de madeira achegan un plus e veñen substituír produtos daniños como os sulfitos. Ademais, proporcionamos unha fonte de lignina de gran calidade con propiedades moi interesantes para a súa utilización no nacente mercado dos bioproductos.

En resumo, en Betanzos HB poñemos a nosa innovación ao servizo de empresas de todos os sectores, a través de taboleiros de alto valor engadido, Tablex e a nosa gama de bioproductos.

Se necesita máis información, contacte co noso equipo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

8 + 14 =