Betanzos HB participou esta mañá na celebración do Día Mundial do Medio Ambiente xunto a escolares da contorna da planta industrial. Os alumnos de quinto e sexto de Primaria do CPR Nuestra Señora del Carmen-Atocha de Betanzos visitaron esta mañá as instalacións da empresa dentro do seu programa de actividades extracurriculares.
Tras un obradoiro formativo sobre a importancia do eucalipto en Galicia, a súa industria, o seu valor social e as súas aplicacións, os 52 nenos e nenas de entre 10 e 12 anos plantaron cinco árbores de especies autóctonas (castiñeiro, carballo, teixo, ameneiro e bidueiro) nos terreos da planta. Os alumnos e profesores do colexio compartiron esta actividade con algúns responsables de distintos departamentos de Betanzos HB, que os acompañaron durante toda a mañá.
Como recordo da visita, cada un dos mozos recibiu unha camiseta e unha planta de lobelia, subministrada por Emprego Social, centro especial de emprego sen ánimo de lucro.