As empresas galegas Betanzos HB, Aliusporta e Puertas Betanzos, coa coordinación do Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD), desenvolveron un proxecto de I+D, no ámbito da industria 4.0, para o desenvolvemento do taboleiro ecolóxico, ultrafino e a súa aplicación en construción sostible. Entre xullo de 2017 e marzo de 2018 os membros do consorcio traballaron para conseguir aplicación novidosas de Tablex, taboleiro hardboard de madeira, libre de colas e de formaldehido baixo o acrónimo BOARD2DOOR.
Betanzos HB, que produce desde 2015 este taboleiro en espesores de 2 mm como mínimo, logrou implantar tecnoloxía e reenxeñería de procesos para conseguir baixar a medida ata os 1,8mm de tal forma que se minimizase o consumo do material sen comprometer as prestacións técnicas. Mentres, os outros dos socios avanzaron no desenvolvemento de produtos finais.
Aliusporta concentrou o seu traballo na realización de exhaustivos controis de calidade a nivel de acabados e de estabilidade, así como nos procesos e recubrimento polimétrico e mecanizado para a produción de portas.
Pola súa parte, Puertas Betanzos participou desenvolvendo compoñentes construtivos baseados nos novos taboleiros así como solucións de unión específicas para Tablex. Os desenvolvementos deron como resultado aplicacións específicas para paredes e teitos técnicos, cos que se definiu un conxunto de solucións construtivas que supoñen unha alternativa aos paneis de cartón yeso.
Como resultado do proxecto, lanzáronse ao mercado novos produtos para a construción de vivendas, oficinas e locais, baseados exclusivamente en materiais renovables que melloran o perfil medio ambiental da construción tradicional.
O Ministerio de Economía, Industria y Competividad, valora de forma favorable este proxecto de industria 4.0 para o desenvolvemento de produtos paramétricos baseados en Tablex e o apoia economicamente a través da convocatoria para o apoio a Agrupaciones Empresariales Innovadoras (AEI) co obxecto de mellorar a competividade das pequenas e medianas empresas.