Desenvolvemos un innovador adhesivo ecolóxico derivado da madeira

A compañía galega Betanzos HB, especializada na fabricación de taboleiro ecolóxico -Tablex-, está a desenvolver un pegamento derivado da madeira biodegradable e sustentable.

Este bioadhesivo logrouse aproveitando o coñecemento adquirido no proceso de fabricación do Tablex, no que os extractos da madeira realizan a unión das fibras para dar lugar a uns taboleiros de gran resistencia sen necesidade de adhesivos artificiais.

Este adhesivo ecolóxico, único no mercado, está a ser desenvolvido de acordo aos principios da economía circular (reducir, reutilizar, reciclar) e poderá ter aplicacións nos sectores agroalimentario, packaging, cosmética, mobiliario, revestimento e bioconstrución, entre outros.

Actualmente, a compañía está a colaborar con importantes empresas do sector dos adhesivos, que xa mostraron o seu interese por este innovador produto.

Vantaxes

Nos ensaios iniciais, o bioadhesivo ofrece uns excelentes resultados para a unión de taboleiros, papel, plástico e vidro, estando especialmente indicado no sector alimentario pola súa composición totalmente natural, para unións en seco, e para aquelas que necesitan reversibilidade da unión, por exemplo, para a reutilización e reciclaxe de compoñentes, ao final da súa vida útil.

Betanzos HB xa ten unha capacidade de subministración destes extractos de madeira por xunto e continúa buscando sinerxías cos diferentes fabricantes para ampliar as vías de colaboración.

Ademais do bioadhesivo, Betanzos HB desenvolveu outros produtos de orixe natural a partir destes extractos de madeira tales como conservantes para o sector químico, fabricación de betúns, aditivos para alimentación animal e compoñentes para a fabricación de fertilizantes orgánicos.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

11 + three =