Evento de difusión do proxecto Demadera na sede de Betanzos HB

A sede de Betanzos HB foi o lugar elixido para o acto de difusión de Demadera, o proxecto de I+D+i que está a desenvolver viños e bebidas refrescantes a partir de produtos da viticultura e extractos da industria da madeira.

Técnicos de Mercantia e Adegas Casa Monte Pío participaron nunha cita que serviu para realizar o seguimento do proxecto e a posta ao día dos primeiros resultados, xunto ao equipo de investigación de Betanzos HB e da Universidade de Santiago de Compostela.

Os obxectivos de Demadera son o desenvolvemento de novos extractos naturais para uso alimentario, con actividade antioxidante e/ou conservante, a partir de coprodutos da actividade das empresas do consorcio. Extractos de madeira, no caso de Betanzos HB; bullo de uva, de Adegas Casa Monte Pío; extractos de coprodutos da desalcolización do viño, de Mercantia. Os extractos serán aplicados en novos viños e bebidas asimilables a viño, máis saudables, mediante a redución de alcol e a substitución dos sulfitos polos extractos naturais.

httpss://www.youtube.com/watch?v=MwF9mCIrfyM

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

fourteen − 3 =