Impulso á tecnoloxía no sector a través de grupos operativos

A Asociación Nacional de Fabricantes de Tableros (ANFTA) á que pertence Betanzos HB, impulsa dous Grupos Operativos Supra Autonómicos para a mellora do sector da madeira a través do uso da tecnoloxía.

O primeiro deles, denominado Wood-E pretende ‘ poñer en valor ao sector forestal e da madeira, cambiando a percepción que a sociedade ten do mesmo, a través da difusión das aportacións do sector forestal mediante metodoloxías que inclúan tecnoloxías innovadoras”.

O segundo, Timber Chain, traballará no “ desenvolvemento dunha ferramenta informática que permita xestionar todos os procesos, integrar a todos os axentes implicados, documentar todas as actuación, dispor dunha fonte de datos estandarizada e interoperable para garantir a trazabilidade dos produtos forestais”.

Ambos grupos operativos, que foron presentados en Madrid onte, realizarán o seu traballo ao longo dos próximos meses.

Ademais, a través do Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD), Betanzos HB participa tamén no Grupo Operativo Timbertrack, que pretende “deseñar e desenvolver un sistema de etiquetado que identifique univocamente á madeira como materia prima, permitindo a posta en valor de todo o conxunto de datos xerados ao longo da cadea”. O obxectivo é e” a redución en costes loxísticos, a mellora na clasificación do produto, a obtención de información de alto valor mediante minería de datos/big data/machine learning, a axilización de procedemento ou a mellora da transparencia no mercado”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

3 × two =