Aumento de eficiencia enerxética

O compromiso de Betanzos HB coa eficiencia enerxética e a mellora de procesos é constante. Por iso, leva realizando diversas intervencións na planta desde 2015.

En liña coa sustentabilidade, a mellora continua da eficiencia enerxética é un dos principios de Betanzos HB. Entre 2017 e 2018 leváronse a cabo varias actuacións claves para mellorar a eficiencia, instalando variadores de frecuencia en motores e bombas de gran consumo co fin de completar a automatización da liña de produción do hardboard, mediante a implantación de unidades de frecuencia e scadas (sistemas de control de supervisión e adquisición de datos) que permiten o control e a optimización dos equipos afectados.

En concreto, as actuacións foron nas tres áreas esenciais para o proceso: na alimentación de estela no parque e na esteladora; nas bombas de alta presión da prensa; e nas bombas de auga do proceso. Con estas actuacións conseguiuse un aforro de máis do 30% de consumo enerxético nos equipos sobre os que se actuou.

Esta iniciativa foi co-financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, así como polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Axuda concedida: 29.022 euros

Aumento de eficiencia enegética