Innobiorre

Betanzos HB participou no proxecto Innobiorre que investigó, entre 2016 e 2018 a valorización de residuos agroindustriais para a obtención de bioprodutos de alto valor engadido en elementos construtivos como asfaltos, betúns ou cementos.

Este proxecto centrouse en buscar novidosas aplicacións de valor engadido para a madeira local, partindo da corrente de extractos de madeira que se xera durante o proceso de fabricación dos taboleiros de alta densidade.

departamento de I+D de Betanzos HB leva anos investigando posibles aplicacións deste coproduto, 100% natural e que contén compostos de alto valor engadido como lignina, taninos, polifenois e azucres derivados da madeira.

Ademais de Betanzos HB, no consorcio participaron as empresas Indutec, Renga Enerxia, Extraco, GalaiControl e Soutos Sativa e colaboran a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.

Innobiorre foi cofinanciado polo programa Conecta Peme, subvencionado pola Axencia Galega de Innovación (Gain) e apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, para fomentar a cooperación entre as Pemes e os demais axentes do Sistema Galego de I+D+i, a través do apoio a proxectos de investigación e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Axuda concedida: 156.191,28 euros

betanzosHB_innobiorre_2