Piloto 4.0 CDM

Co fin de modernizar a liña de produción de hardboard e aliñala coa industria 4.0, Betanzos HB levou a cabo a automatización da liña de formación de taboleiro entre 2017 e 2018.

Con esta actuación, obtivéronse avances na optimización do proceso produtivo, así como un significativo aforro enerxético. Ademais, sistematizouse unha recollida de datos que permite continuar coa optimización da produción día a día, avanzando cara á fábrica intelixente e obtendo una redución nos custos. A automatización da formación do taboleiro supuxo un salto cualitativo na uniformidade do produto, o que leva consigo un impacto na súa calidade.

Betanzos HB desenvolveu estas melloras encabezando o consorcio de nove empresas do Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia (CDM), o cal gañou o premio da convocatoria Segundo Piloto Industria 4.0 da Xunta de Galicia.

Betanzos HB está co-financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e apoiado polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

Axuda concedida: 22.286,70 euros

Cartel_Piloto40_OK