Na Xornada de Economía Circular organizada por AJE A Coruña

Jornada de Economía Circula con presencia de Betanzos HB

As instalacións de Edar Bens SA acolleron esta mañá unha Xornada de Economía Circular organizada pola Asociación de Jóvenes Empresarios da Coruña (AJE) coa colaboración do Concello coruñés.

A concelleira de Medio Ambiente, María García, foi a encargada de abrir a xornada, quen subliñou a importancia da implicación das empresas non só nas boas prácticas senón tamén na súa divulgación para unha mellor concienciación na sociedade. Posteriormente, a quenda de palabra foi para o director xeral de Edar Bens SA, Carlos Lamora, que presentou o proxecto ‘Unidade Mixta de Gas Renovable’, unha das iniciativas de economía circular máis importantes que se están a levar a cabo en Galicia, que consiste en transformar en biometano o biogás obtido durante o proceso de depuración de augas residuais para empregalo en mobilidade.

María Otero, profesional do departamento de I+D+i de Betanzos HB, explicou o proceso de produción de Tablex, destacando o carácter ecolóxico, reciclable e biodegradable do taboleiro. O traballo que se desenvolve en Betanzos HB é un claro reflexo de economía circular, xa que para obter Tablex empréganse coprodutos da industria forestal ou partes da árbore non aproveitables para outros usos como puntas, ramas, entresacas, costeiros e outros residuos de madeira. Ademais, unha vez rematada a súa vida útil, o Tablex pode ser reciclado completamente. Otero tamén amosou algunhas das liñas de investigación que están a realizar como, por exemplo, os proxectos Innobiorre y Demadera.

Finalmente, a directora de Responsabilidade Social Corporativa de Vegalsa-Eroski, Gabriela González, explicou as accións de reciclaxe que están a desenvolver na compañía e presentou a iniciativa ‘Desperdicio Cero’, o proxecto no que están inmersos actualmente co que pretenden aproveitar os produtos próximos á súa data de caducidade.

A xornada rematou cun coloquio moderado polo presidente de AJE, Miguel Miragaya.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ten − nine =