Coincidindo coa vendima, tres empresas galegas, a industria madeireira Betanzos HB e as empresas Coanga e Mercantia, están culminando o desenvolvemento de viños sen alcohol que incorporan aromas e sabores tradicionais das crianzas con madeira e da maceración sobre lías de albariño.
O proxecto, denominado Demadera, encontrou novidosas aplicacións de valor engadido para o eucalipto, o carballo, o castaño e outras madeiras de Galicia, partindo de extractos que se obteñen do seu procesado. Desta maneira desenvolveuse o uso de extractos de madeira como antioxidantes e conservantes naturais.
Concretamente trátase do desenvolvemento de viños sen alcohol tintos, brancos e espumosos e varias bebidas relacionadas cos viños que proximamente van ser presentadas no mercado.
Os produtos elabóranse combinando a tradición nos métodos de vendima, selección manual da uva e coidado no manexo do produto, con métodos innovadores para incorporar mellorar organolépticas a partir de procesos de desalcoholización, maceración e uso de extractos de madeiras.
O desenvolvemento dos novos extractos naturais permite substituír outros aditivos químicos usados en alimentación. Se a iso lle sumamos que os extractos proceden da actividade das empresas implicadas no proxecto, trátase dun proceso de economía circular.
O departamento de I+D de Betanzos HB leva años investigando aplicación dos extractos do procesado da madeira. Trátase de produtos 100% naturais e que conteñen compostos de alto valor engadido como taninos, polifenoles e azucres derivados da madeira.
Así, Betanzos HB propón utilizar madeira, o material do futuro, e mantén o seu compromiso coa bioeconomía de Galicia. Nunha sociedade con crecente concienciación en pro do aforro de recursos e da mellora da saúde das persoas, o interese polos produtos de orixe natural está aumentando. O maior uso da madeira leva o xurdimento de bosques como provedores de materias primas renovables e que asumen unha importante función de sumidoiro de carbono que favorece o medio ambiente. Betanzos HB é un provedor líder de solucións renovables de packaging, construción e fabricación de mobles, exportando o 80% da súa produción.
Neste proxecto, ademais Betanzos HB, Mercantia e Coanga, colaborando a Universidade de Santiago de Compostela, Anfaco-Cecopesca, Aula de Produtos Lácteos y Evega. Demadera é cofinanciado polo programa Conecta Peme, subvencionado pola Axencia Galega de Innovación (Gain) e apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, para fomentar a cooperación entre as Pymes e os demais axentes do Sistema Galego de I+D+i, a través do apoio a proxectos de investigación e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciados polo Fondo Europeo do Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.