A conciencia sobre os desafíos ambientais e a importancia de reducir o noso impacto no planeta levou a un aumento na demanda de produtos fabricados de maneira responsable. Janka respondeu a esta demanda creando unha liña de mobles deseñada para evolucionar coas persoas e resistir durante moito tempo; os seus produtos abranguen dende camas, literas, solucións de almacenaxe, colchóns ata mobles auxiliares. O seu compromiso coa sostibilidade reflicteuse no uso do noso Tablex, un material desenvolvido en exclusiva por Betanzos HB.
O Tablex é unha opción de composición natural e de alta calidade que cumpre cos estándares máis esixentes en termos de sostibilidade. Producido a partir de madeira e rexeitos de plantacións locais xestionadas de forma responsable, este material ofrece unha eficiente alternativa á madeira maciza sen comprometer a durabilidade e a beleza estética.
A colaboración entre Betanzos HB e Janka reflicte o espírito de cambio e responsabilidade que se está impondo na nosa sociedade. Cada vez máis persoas valoran a calidade do ambiente interior dos nosos fogares e desexan o retorno a materiais de orixe natural, evitando a presenza de tóxicos, sen renunciar á comodidade e ao deseño. Na fabricación de Tablex non se engaden resinas, polo que a súa composición é a mesma da madeira natural, evitando emisións de compostos indesexables no lugar onde máis a gusto estamos.
A marca Janka, co seu enfoque no “encanto do auténtico”, está a liderar o camiño cara a unha nova forma de construír a nosa realidade, a través dunha elección consciente, na que invita á sociedade a realizar un investimento a longo prazo para aqueles que desexan crear fogares respectuosos cos seus valores.
“Janka” é a escala utilizada para medir a dureza das madeiras e dá nome á súa marca pondo en valor a excelente dureza –e durabilidade– que proporciona o Tablex a calquera elemento creado co noso material. En Betanzos HB, sentímonos satisfeitos de ser parte desta iniciativa, que ofrece unha alternativa innovadora, de proximidade e de gran calidade no mercado do mobiliario.
Os produtos Janka xa están dispoñibles para a compra a través da súa propia tenda en liña (www.janka.es), ofrecendo ás familias de toda España a oportunidade de explorar e mercar o seu innovador mobiliario infantil e xuvenil.
Seguimos a traballar de man de marcas comprometidas coa sostibilidade para satisfacer as demandas dunha sociedade cada vez máis responsable.
Linkedin – https://www.linkedin.com/company/jankaliving/ Instagram: @jankaliving