Compromiso social
Desenvolvemento do medio rural
Betanzos HB promove un modelo de desenvolvemento sostible do monte de Galicia, favorecendo unha cadea da madeira que contribúe ao desenvolvemento rural e á súa vertebración económica.
Axente clave da bioeconomía
A actividade de Betanzos HB senta as bases para que a silvicultura e toda a cadea de valor derivada dos bosques sexan competitivas e acheguen unha contribución viable á sociedade.
Un sector estratéxico
Betanzos HB forma parte da industria da madeira galega, pioneira no desenvolvemento de produtos forestais a nivel nacional e internacional e que supón o 3,5% do PIB de Galicia, con máis de 70.000 empregos directos e indirectos (fonte: Igape).
Compromiso coa seguridade e saúde laboral
BETANZOS HB cumpre de maneira escrupulosa todas as esixencias de seguridade e saúde laboral dos seus traballadores, como amosan as auditorías voluntarias e inspeccións obrigatorias ás que se somete a planta de forma constante, como acredita o seu certificado OHSAS 18001.
Industria de base biolóxica
A madeira é renovable, sostible e pódese transformar en produtos de valor engadido, reutilizar e reciclar. É unha materia prima clave para o modelo de transición de Europa cara a unha economía circular destinada a impulsar a competitividade global, fomentar o crecemento económico sostible e a xeración de novos postos de traballo.
Ética, transparencia e bo goberno
O sistema de goberno corporativo de Betanzos HB inpírase e fundaméntase no compromiso cos principios éticos, a transparencia e o liderado na aplicación das mellores prácticas internacionais en materia de bo gobierno (adopción do estándar IKEA Iway), articulándose tanto a través do seu Código de Conduta como do seu sistema integrado de xestión.
Compromiso coa calidade
Betanzos HB centra o seu negocio nos procesos e na satisfacción do cliente, o que queda acreditado cun sistema de xestión da calidade certificado pola norma ISO 9001.
Empresa exportadora
O taboleiro de Betanzos HB é apreciado enormemente en mercados internacionais da Unión Europea, Estados Unidos, Centroamérica e Sudamérica, África Oriental e Oriente Medio.