Premio para o Piloto Industria 4.0 do Cluster da Madeira

Betanzos HB encabeza o consorcio de empresas do Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia (CDM) que ganou o premio da convocatoria Segundo Piloto Industria 4.0 da Xunta de Galicia. O recoñecemento é para un proxecto de Fábrica 4.0 no que a nosa empresa participa co CDM e con outras oito pemes galegas.

Trátase dunha iniciativa en marcha, ata o 30 de xuño de 2018, de automatización da liña de formación do taboleiro polo que o movemento de polpa da liña de produción realizarase de forma completamente automatizada para incrementar a calidade do produto, a produtividade e a eficiencia enerxética na planta. Ademais, esta automatización, ao igual que outras xa realizadas con éxito na planta, trátase dun deseño propio, poñendo a nosa fábrica ao máis alto nivel no sector de fabricación do hardboard, sendo un referente mundial.

O proxecto presentando polas empresas de CDM constituíuse cos obxectivos de sensibilizar, apoiar e impulsar a transición da industria galega de transformación de madeira á Industria 4.0. Este premio, concedido por un xurado independente e promovido polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) con fondos da Unión Europea, é un respaldo ao compromiso de Betanzos HB para evolucionar cara a unha fábrica intelixente, cun salto cualitativo en servizos e novos modelos de negocio.

Esta iniciativa está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e apoiado polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

16 + fourteen =