Ademais, expuxéronse os resultados do proxecto LIFE EcoTimberCell
Betanzos HB estivo presente no Congreso LIGNOMAD 19 que tivo lugar do 1 ao 3 de xullo en Santiago de Compostela. Este evento pretende impulsar o uso da madeira e outros materiais lignocelulósicos no sector da construción e servir de espazo de participación para técnicos, empresarios, fabricantes, estudantes e arquitectos.
A responsable de Investigación e Desenvolvemento, Rosa María Arcas, participou como relatora realizando unha exposición sobre o valor do Tablex como material nunha sociedade cada vez máis consciente do impacto ecolóxico. Ademais, presentáronse diferentes resultados do proxecto europeo LIFE EcoTimberCell, que desenvolve sistemas de construción con pegada de carbono negativa baseados no noso Tablex. Con iso incidimos nas súas vantaxes ecolóxicas e para a minimización de xeración de residuos, así como na elevada resistencia que achega como material de construción.
No expositor de Betanzos HB atendemos numerosas consultas sobre os nosos produtos Tablex, o taboleiro de fibras de madeira de alta densidade producido de maneira sustentable, con enerxía renovable, reciclable e biodegradable.
Paulo Malho – Responsable de vendas para España e Portugal
O Tablex, ademais, estivo moi presente en todo o Congreso Lignomad, e non só polos relatorios, senón porque os soportes de madeira para a presentación dos posters estaban realizados cos nosos taboleiros.
Foi unha gran experiencia e estamos moi satisfeitos co interese suscitado entre profesionais e arquitectos sobre o potencial do hardboard de eucalipto como material natural para a construción.
Aquí deixámosvos a ligazón ao vídeo co relatorio:
[ Hardboard de eucalipto, material natural. Un valor en alza.]
Desde a organización, infórmannos de que moi pronto estará tamén dispoñible a presentación do relatorio na web do congreso: [ Lignomad19]
Se necesita máis información, contacte co noso equipo.