Recepción aos participantes do TAF Meeting en Betanzos HB

Os participantes do TAF Meeting, encontro anual internacional de empresas fabricantes de softboard e hardboard, visitaron o 16 de setembro de 2016 as instalacións de Betanzos HB como parte das actividades da convención.

Acompañados por representantes da propiedade e da dirección de Betanzos HB, directivos das principais empresas do sector procedentes de Brasil, Francia, Finlandia, Lituania, Austria, Suíza e Estonia asistiron a unha presentación na que se lles ofreceron os principais datos sobre a actividade de Betanzos HB e os seus retos inmediatos nun mercado global. Tras ela, procedeuse a unha visita á planta.

O TAF Meeting 2016 celebrouse en Santiago de Compostela entre o 14 e o 16 de setembro baixo a organización de Betanzos HB. Durante eses tres días de traballo unha trintena de directivos asistiron a reunións técnicas con provedores, así como a presentacións de, entre outros, Sonia Pazos, Directora de Área de Centros da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS-Madeira).

Pola súa parte, o director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Javier Aguilera, participou no acto de clausura para agradecer a Betanzos HB a coordinación deste encontro internacional e subliñou as grandes posibilidades de Galicia como territorio receptor de inversións, en especial na industria da transformación da madeira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

eighteen − 15 =