Sustentabilidade

En Betanzos HB traballamos para satisfacer as necesidades presentes sen comprometer ás futuras xeracións, garantindo o equilibrio entre desenvolvemento económico, benestar social e coidado do medio ambiente.

¿Como contribúe Betanzos HB ao desenvolvemento sostible?

Sostenibilidad gráfico

Táblex, cento por cento madeira

O Táblex de Betanzos HB fabrícase só con madeira virxe, un material que, ademais de ser renovable, desde a súa orixe na natureza ata o final da súa cadea de valor, mantén capturado o CO2 da atmosfera, polo que, o seu uso contribúe a frear o cambio climático.

A nosa actividade incrementa o valor do sector forestal, pois a materia prima para a fabricación do Táblex está composta de rexeitamentos forestais como costeiros, ramas, puntais e cortizas, contribuíndo á economía circular.

Táblex é madeira procesada con calor e medios mecánicos, por tanto ten baixo impacto ambiental e conserva as e o tacto cálido da madeira..

Eucalipto_BetanzosHB

Produto máis sostible

O noso Táblex utiliza a lignina da madeira como adhesivo das fibras, conferíndolle propiedades de gran resistencia e durabilidade. Ademais, a ausencia  de adhesivos artificiais tamén o converte nun material reciclable, non contaminante e valorizable como biomasa. É ademais 100% biodegradable, e pódese utilizar como materia prima para fabricar compost a final da súa vida útil.

Imagen 1

Desenvolvemento do medio rural

Betanzos HB promove un modelo de desenvolvemento sostible local, achegando valor a unha cadea da madeira que contribúe ao desenvolvemento rural e á súa vertebración económica.
Táblex fabrícase na súa totalidade con madeira local, procedente de plantacións   xestionadas de forma sostible, achegando valor á silvicutura galega e axudando a fixar a poboación na contorna rural.

Exportación-Tablex-en-Usa

Empresa exportadora

O taboleiro de Betanzos HB é apreciado enormemente en mercados internacionais da Unión Europea, Estado Unidos, Centroamérica, Sudamérica, África Oriental y Oriente Medio. Gran parte da produción expórtase para satisfacer a crecente demanda exterior de taboleiro ecolóxico cento por cento madeira e polas diversas vantaxes que ofrece fronte a outros materiais.

Sustentabilidade empresarial

Como base da sustentabilidade empresarial, Betanzos HB está firmemente comprometida co cumprimento das normas que lle son de aplicación, así como os valores e estándares éticos definidos. Para iso, estableceu un Sistema de Xestión de Cumprimento, que inclúe un código de conduta  e un decálogo de principios, que se utilizan para impulsar unha cultura ética en todos os ámbitos.

Dentro deste sistema, inclúese o sistema integrado de xestión e certificou o seu sistema de xestión da seguridade e saúde dos seus traballadores segundo ISO 45001, o sistema de xestión ambiental segundo ISO 14001, o sistema de xestión da calidade, segundo ISO 9001 e o sistema de control da cadea de custodia da madeira baixo os estándares de FSC  e PEFC.

Sostenibilidad gráfico 1

Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS)

Utilizando TÁBLEX contribúes a acadar os ODS establecidos pola ONU na Axenda 2030

En Betanzos HB rentabilizamos a silvicultura co aproveitamiento de refugallos de madeira e promovemos a xestión forestal máis sustentable e o desenvolvemento rural.

Transformamos a madeira en produtos con valor engadido, favorecendo o crecemento económico da nosa comunidade.

Utilizamos a innovación como medio de engadir valor á madeira e co obxectivo de facer que a construción sexa máis sostible.

A fabricación a partir de madeira fomenta a produción de biomasa.

A madeira é unha materia prima clave para o modelo de transición cara a unha economía circular, destinada a impulsar a competitividade global, fomentar o crecemiento económico máis sustentable e a xeración de novos postos de traballo.

S_SDG_Icons-01-06
S_SDG_Icons-01-07
S_SDG_Icons-01-08
S_SDG_Icons-01-09
S_SDG_Icons-01-10-1-400x400
S_SDG_Icons-01-11
S_SDG_Icons-01-12
S_SDG_Icons-01-13
S_SDG_Icons-01-15
S_SDG_Icons-01-16