Tablex, exento do certificado TSCA Title VI

A nova regulación da axencia estadounidense de protección ambiental (EPA), que entrou en vigor o 1 de xuño de 2018, marca uns estándares de emisión de formaldehido dos produtos elaborados de madeira. A norma TSCA Title VI of the Toxic Substances Control Act regula os taboleiros de partículas, os taboleiros de media densidade (MDF) e taboleiros de contra chapado (plywood). Non obstante, especifica claramente que o hardboard, como o fabricado por Betanzos HB baixo a marca Tablex, non está nin obrigado a cumprir cos parámetros marcados pola lei nin a realizar un test de certificación, polo que se encontra totalmente exento.

A norma TSCA Title VI pretende asegurar que os produtos de madeira vendidos, entregados, ofrecidos para a venda, importados ou manufacturados nos Estados Unidos cumpran cos parámetros enmarcados pola regulación. A norma esixe a realización dun test dunha terceira parte, allea ao fabricante, que certifique e controle as emisións de formaldehido procedentes da produción e/ou importación dos citados produtos de madeira.

Dende o 1 de xuño do 2018, aos produtos de madeira vendidos, entregados, ofrecidos para a venda, manufacturados, ou importado dos Estados Unidos esíxeselles ser etiquetados como cumpridores das normas CARB Phase 2 ou TSCA Title VI. A partir do 22 de marzo do 2019, os produtos de madeira composta soamente deberán ser etiquetados como TSCA Title VI compliant”, explica a lexislación estadounidense, que especifica como excepción os produtos de hardboard, como o Tablex de Betanzos HB.

Por que o hardboard está exento de TSCA Title VI?

Tablex é “pura madeira”, xa que está fabricado a partir de madeira e auga, aproveitando as propiedades termoplásticas da lignina como adhesivo natural, no lugar de colas artificiais. O proceso de fabricación de Betanzos HB caracterízase por non utilizar axentes artificiais para enlazar as fibras de madeira, utilizando auga e presión no seu lugar.

O produto final presenta unha cor marrón escura orixinada durante a polimerización das ligninas e os azucres a altas temperaturas, así como unhas marcas características nunha das súas caras por ter descansado sobre unha malla metálica durante parte do proceso. Ao contrario que outros taboleiros de madeira (contra chapada, madeira terciada, “triplay” ou “plywood”, aglomerado, media densidade, MDF ou DM, OSB…) Tablex non emite formaldehido, salvo o procedente da madeira natural.

Compatible con CARB Phase 2

As regulacións de EPA son, en gran parte, compatibles coas da CARB. Coa aplicación das novas regulacións federais, os produtos non teñen que ser dobremente etiquetados en California. Isto significa que os nosos produtos Tablex están exentos da norma TSCA Title VI así como tamén o están de CARB Phase 2. De momento, de cara a aportar claridade ao mercado, Betanzos HB fará uso de ambas as etiquetas para aumentar o nivel de coñecemento do taboleiro hardboard.

Oportunidade de negocio para os comerciantes da madeira

Se es un comprador profesional ou un intermediario interesado en coñecer máis información sobre Tablex, consulta o noso equipo de vendas. Betanzos HB é unha fábrica de taboleiros de alta densidade que vende directamente a industrias, vendedores de madeira e provedores de produtos de construción en 90 países. Betanzos HB está buscando expandir a súa rede de distribuidores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

4 − 1 =