Betanzos HB únese á celebración do Día Internacional da Muller
Rosa María Arcas, responsable de Investigación e Desenvolvemento da compañía, é unha das mulleres que participan nun vídeo realizado por Xera para este 8 de marzo, que ten como obxectivo poñer en valor o talento feminino dun sector comprometido coa economía 4.0 e a sustentabilidade.