Compromiso social

Imagen 1

Desenvolvemento do medio rural

Betanzos HB promove un modelo de desenvolvemento sostible do monte de Galicia, favorecendo unha cadea da madeira que contribúe ao desenvolvemento rural e á súa vertebración económica.

Imagen 3

Axente clave da bioeconomía

A actividade de Betanzos HB senta as bases para que a silvicultura e toda a cadea de valor derivada dos bosques sexan competitivas e acheguen unha contribución viable á sociedade.

00_betanzos_hb_planta

Un sector estratéxico

Betanzos HB forma parte da industria da madeira galega, pioneira no desenvolvemento de produtos forestais a nivel nacional e internacional e que supón o 3,5% do PIB de Galicia, con máis de 70.000 empregos directos e indirectos (fonte: Igape).

Imagen 2

Compromiso coa seguridade e saúde laboral

BETANZOS HB cumpre de maneira escrupulosa todas as esixencias de seguridade e saúde laboral dos seus traballadores, como amosan as auditorías voluntarias e inspeccións obrigatorias ás que se somete a planta de forma constante, como acredita o seu certificado OHSAS 18001.

07_betanzos_hb_industria_bio

Industria de base biolóxica

A madeira é renovable, sostible e pódese transformar en produtos de valor engadido, reutilizar e reciclar. É unha materia prima clave para o modelo de transición de Europa cara a unha economía circular destinada a impulsar a competitividade global, fomentar o crecemento económico sostible e a xeración de novos postos de traballo.

00_betanzos_hb_producto

Ética, transparencia e bo goberno

O sistema de goberno corporativo de Betanzos HB inpírase e fundaméntase no compromiso cos principios éticos, a transparencia e o liderado na aplicación das mellores prácticas internacionais en materia de bo gobierno (adopción do estándar IKEA Iway), articulándose tanto a través do seu Código de Conduta como do seu sistema integrado de xestión.

00_betanzos_hb_sig

Compromiso coa calidade

Betanzos HB centra o seu negocio nos procesos e na satisfacción do cliente, o que queda acreditado cun sistema de xestión da calidade certificado pola norma ISO 9001.

06_betanzos_hb_export_ok

Empresa exportadora

O taboleiro de Betanzos HB é apreciado enormemente en mercados internacionais da Unión Europea, Estados Unidos, Centroamérica e Sudamérica, África Oriental e Oriente Medio.