As biotech galegas xa facturan máis que a industria aeronáutica ou o naval

La Voz de Galicia reflicte nas súas páxinas unha reportaxe sobre as empresas de compoñente biotecnolóxico, entre as que destaca a Betanzos HB. O tan ansiado cambio no modelo produtivo -auspiciado pola crise de sectores como a construción ou o naval- e a lexislación que regula a ciencia en España aínda non se consumaron. Pero a evolución da biotecnoloxía en Galicia ofrece sólidas esperanzas.

O aumento da cifra de negocio do sector, que se incrementou por riba dos 250 millóns de euros no 2015, é un dato para o optimismo, porque, ademais de constatar un crecemento sostido, supón unha suma superior á que nestes momentos ten a industria aeronáutica.

Reportaxe completa

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

five × 4 =