Na I Feira de Emprego e Emprendemento da Cámara de Comercio

Betanzos HB participou como expositor na I Feira de Emprego e Emprendemento organizada pola Cámara de Comercio da Coruña. O evento tivo lugar esta mañá nas instalacións de Palexco (A Coruña), onde medio milleiro de mozos percorreron 50 stands das principais empresas da demarcación da Cámara na busca da súa oportunidade laboral.

I Feira de Emprego e Emprendemento da Cámara de Comercio da Coruña

O obxectivo do evento era poñer en contacto aos mozos entre 16 e 29 anos inscritos no ficheiro Nacional de Garantía Xuvenil, cos potenciais empregadores. Na xornada, ademais, houbo sete conferencias e catro obradoiros especializados co propósito de orientar aos demandantes de emprego en innovación, traballo en equipo e novos perfís profesionais, entre outras materias.

O departamento de RR.HH de Betanzos HB participou nesta feira co fin de contactar cos novos talentos do panorama laboral e darse a coñecer como potencial empregador de mozos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

1 × two =